29 dic 2011

Fin de ano




Acaba 2011, un año que para mi fué difícil, duro, pero al mismo tiempo de mucho aprendizaje, me sirvió de mucho y el balance es positivo. Aún así, estoy deseando que se acabe, dejarlo atrás, y que comience uno nuevo. Es la ilusión del comienzo de algo, la ilusión de la incertidumbre sobre lo que traerá, la confianza en que lo que sea será bueno, aunque no sea fácil, aunque sí lo sea. La vida da tantas vueltas y puede cambiar tanto en tan poco tiempo, que no queda otra que vivir y disfrutar el momento, el día a día, sin más, sin romperse mucho la cabeza.

Os deseo un feliz año 2012, que sea un buen año para todos y que sea lo más fácil posible.

27 dic 2011

Luz



Si vemos todo demasiado oscuro, sempre podemos encender unha vela.

Non perdamos a ilusión.

15 dic 2011

Cores

 

Un raio de sol nun día de chuvia enche cada rincón de brillos e cores.

29 nov 2011

Punto de vista



É todo tan relativo... todo depende do punto de vista.

Bosque de Oma, Bizkaia.


24 nov 2011

Onde acaba o mar


"... Fijaos ahí, donde llega el agua..., sube por la playa, luego se detiene..., eso es, precisamente ese punto, donde se detiene..., dura apenas un instante, mirad, eso es, por ejemplo, allí..., como veis, apenas dura un instante, después desaparece, pero si se consiguiera detener ese instante..., cuando el agua se detiene, precisamente ese punto, esa curva..."

Do libro "Océano mar", de Alessandro Baricco.

18 nov 2011

Na praia



Canto me gusta o mar, a praia, especialmente nestes días un tanto melancólicos.

10 oct 2011

Froitos do outono



Gústame sentir o transcurso do ano, como pasa o tempo e todo vai cambiando ao noso redor ao ritmo das estacións. 

28 sept 2011

......
no quiero palabras, ni música,
ni rimas, no quiero costumbres
ni discursos, ni aún los mejores,
sólo quiero la calma, el arruyo de tu
velada voz.

Walt Whitman

11 sept 2011

Inmensidade


Debe ser impresionante estar no medio do mar nun día calmo, despexado, e que mires para onde mires só vexas azul e o horizonte que se perde no infinito en todas direccións.

25 ago 2011

Milenrama


































Realmente non sei se esta é a flor da milenrama, pero sempre lle chamei así. Nunca reparara moito nela ata o outro día, tanta que hai por todas partes, e non me decatara do bonita que é.

Estamos rodeados de beleza, vivimos nun mundo realmente fermoso.

29 jul 2011

Desenfocada

Encántame esta foto, imperfecta como é, totalmente desenfocada. Pero así é como vemos a vida moitas persoas, desenfocada, borrosa máis alá de nós, ou incluso en nós mesmos, sobre todo os que somos miopes, que vemos borroso e pouco claro o que temos algo alonxado de nós. Qué é o que non queremos ver? Por qué reducimos o mundo que podemos ver claramente e no que nos sentimos seguros ao perímetro que formamos nós mesmos?

Desenfocamos e facemos borroso o que non queremos ver, dunha maneira insconsciente, e xa dende pequenos. Fascíname a capacidade que temos dende sempre, dende que comezamos a percibir sensacións xa no útero da nosa nai, para adaptarnos e protexernos frente á realidade que temos cada un, amoldándonos física e emocionalmente e, incluso, cambiando tamén esa realidade para adaptala ao que podemos enfrentar. Fascíname e ao mesmo tempo prodúceme tristeza, porque ao final medramos non sendo, non sentindo, amordazados e anestesiados emocionalmente, e mostrando aos demáis o queremos que vexan, e todo iso sen ser conscientes delo. Non hai máis que darse un paseo pola rúa para ver á xente enfadada, amargada, esperando a que pase o día, a que pase a semana, a que pase o ano... facendo tempo, como digo eu. Xente sen motivación, sen alegría, que non vive, senon que sobrevive. Nacemos con un legado de desconexión de nós mesmos e do que nos rodea impresionante.

Pero por algo estamos aquí, para conseguir enfocar un pouco máis, aumentar a nosa conciencia e conseguir conectarnos con nós mesmos, coa nosa esencia, conectarnos coa alegría, coa libertade, coa relaxación de deixarnos ser, e sentir, sobre todo sentir e disfrutar.

Sei que algún día gardarei as gafas nalgún caixón e quedarán alí ata que me decida a tiralas.

14 jun 2011

En voz alta



"Enseñad a leer, por favor, enseñad a leer en los libros, en el viento, en los charcos de un día de lluvia, en el bosque y en la luz, enseñad a leer, os lo ruego, para que nadie crezca hasta la edad de la avaricia y el desamor"

Juan Farias (1935-2011)
En voz alta.

2 jun 2011

Cabo de Gata


Un sitio especial, con unha atmósfera máxica. Encantoume.
A próxima vez, máis tempo.

20 may 2011

Somos

Vamos
a hacer con el futuro
un canto a la esperanza
y poder encontrar

tiempos
cubiertos con las manos
los rostros y los labios
que sueñan libertad

J.A. Labordeta

27 abr 2011

Mmmmmm....!!

3 cenouras raiadas
medio pepino raiado
1/2 dente de allo picado fino
unha laranxa picada en trozos pequenos
zume de medio limón
sésamo tostado e machacado no morteiro
un pouco de aceite de oliva

mezclar todo e saborear despacio, coa vista, co gusto, co olfato e co tacto... e si, tamén co oido

8 abr 2011

Lirio de auga



Lirio de auga, corno, cartucho, cala, xaro, herba das anadas...

Libertade de expresión

"A primeira noite
eles acércanse e collen unha flor
do noso xardín,
e non dicimos nada.
A segunda noite
xa non se esconden,
pisan as flores,
matan o noso can
e non dicimos nada.
Ata que un día
o máis fráxil deles
entra só na nosa casa,
róubanos a lúa,
e coñecendo o noso medo,
arráncanos a voz da gorxa.
E porque non dixemos nada
xa non podemos dicir nada."

Vladimir Maiakovski.
Poeta ruso 1893-1930

13 mar 2011

Confiar

Confiar, non perder de vista ese sentimento interno, esa forza que nos da o confiar, e esperar tranquilamente a que pase esta especie de "impás".

A vida non se para para esperarnos, afortunadamente.

15 feb 2011

Palabras


Hace unos 15 millones de años, según dicen los entendidos, un huevo incandescente estalló en medio de la nada y dio nacimiento a los cielos y a las estrellas y a los mundos.

Hace unos 4 mil o 4 mil 500 millones de años, años mas años menos, la primera célula bebió el caldo del mar, y le gustó, y se duplicó para tener a quien convidar el trago.

Hace unos dos millones de años, la mujer y el hombre, casi monos, se irguieron sobre sus patas y alzaron los brazos y se entraron, y por primera vez tuvieron la alegría y el pánico de verse, cara a cara, mientras estaban en eso.

Hace unos 450 mil años, la mujer y el hombre frotaron dos piedras y encendieron el primer fuego, que los ayudo a defenderse del invierno.

Hace unos 300 mil años, la mujer y el hombre se dijeron las primeras palabras y creyeron que podían entenderse.

Y en eso estamos, todavía: queriendo ser dos, muertos de miedo, muertos de frío, buscando palabras....

Eduardo Galeano

11 feb 2011

Fin do inverno


Pouco a pouco vai despertando e desperezándose todo ao noso redor. Vai pasando o inverno, os días xa se notan longos. Pronto estoupará a vida e todo se encherá de brotes, cantos, cores e todo tipo de sons... Eu sigo con ganas de inverno, de quietude, de silencio, de calma, de recollimento... É como se aínda estivese esperando a que chegue.

22 ene 2011

"O mundo está en mans de aqueles que teñen a coraxe de soñar e correr o risco de vivir os seus soños."

Anónimo.