Mostrando entradas con la etiqueta primaveira. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta primaveira. Mostrar todas las entradas

21 mar 2012

Primaveira


Este ano, de novo, fíxoseme demasiado corto o inverno, aínda que me encanta a primaveira.




2 jun 2011

Cabo de Gata


Un sitio especial, con unha atmósfera máxica. Encantoume.
A próxima vez, máis tempo.

6 may 2010

Primaveira

Primaveira. As plantas estoupan en cores e fragancias, aparecen flores e brotes, aparecen os cortexos dos animais, nacen as primeiras crías... É todo un estoupido de vida, aparece con toda a súa forza despois dos meses de parada invernal, e pódese ver e sentir por todas partes.
Encántame a primaveira, encántame a vida que ten, a forza que trae... gústame cando comezan a despertar as árbores, cando comezan a hincharse as xemas, gústame cando aparecen as primeiras margaritas nos prados, gústame cando hai flores e sementes de dente de león por todas partes, que podemos coller e espallar con un soplido, gústame a súa exuberancia, ver miles de flores de miles de cores, as bolboretas, as abellas e abellóns que comezan a aparecer de novo zumbando xunto ás flores, os paxaros que se oen por todas partes. É unha maravilla.