25 ago 2011

Milenrama


































Realmente non sei se esta é a flor da milenrama, pero sempre lle chamei así. Nunca reparara moito nela ata o outro día, tanta que hai por todas partes, e non me decatara do bonita que é.

Estamos rodeados de beleza, vivimos nun mundo realmente fermoso.

29 jul 2011

Desenfocada

Encántame esta foto, imperfecta como é, totalmente desenfocada. Pero así é como vemos a vida moitas persoas, desenfocada, borrosa máis alá de nós, ou incluso en nós mesmos, sobre todo os que somos miopes, que vemos borroso e pouco claro o que temos algo alonxado de nós. Qué é o que non queremos ver? Por qué reducimos o mundo que podemos ver claramente e no que nos sentimos seguros ao perímetro que formamos nós mesmos?

Desenfocamos e facemos borroso o que non queremos ver, dunha maneira insconsciente, e xa dende pequenos. Fascíname a capacidade que temos dende sempre, dende que comezamos a percibir sensacións xa no útero da nosa nai, para adaptarnos e protexernos frente á realidade que temos cada un, amoldándonos física e emocionalmente e, incluso, cambiando tamén esa realidade para adaptala ao que podemos enfrentar. Fascíname e ao mesmo tempo prodúceme tristeza, porque ao final medramos non sendo, non sentindo, amordazados e anestesiados emocionalmente, e mostrando aos demáis o queremos que vexan, e todo iso sen ser conscientes delo. Non hai máis que darse un paseo pola rúa para ver á xente enfadada, amargada, esperando a que pase o día, a que pase a semana, a que pase o ano... facendo tempo, como digo eu. Xente sen motivación, sen alegría, que non vive, senon que sobrevive. Nacemos con un legado de desconexión de nós mesmos e do que nos rodea impresionante.

Pero por algo estamos aquí, para conseguir enfocar un pouco máis, aumentar a nosa conciencia e conseguir conectarnos con nós mesmos, coa nosa esencia, conectarnos coa alegría, coa libertade, coa relaxación de deixarnos ser, e sentir, sobre todo sentir e disfrutar.

Sei que algún día gardarei as gafas nalgún caixón e quedarán alí ata que me decida a tiralas.

14 jun 2011

En voz alta



"Enseñad a leer, por favor, enseñad a leer en los libros, en el viento, en los charcos de un día de lluvia, en el bosque y en la luz, enseñad a leer, os lo ruego, para que nadie crezca hasta la edad de la avaricia y el desamor"

Juan Farias (1935-2011)
En voz alta.

2 jun 2011

Cabo de Gata


Un sitio especial, con unha atmósfera máxica. Encantoume.
A próxima vez, máis tempo.

20 may 2011

Somos

Vamos
a hacer con el futuro
un canto a la esperanza
y poder encontrar

tiempos
cubiertos con las manos
los rostros y los labios
que sueñan libertad

J.A. Labordeta

27 abr 2011

Mmmmmm....!!

3 cenouras raiadas
medio pepino raiado
1/2 dente de allo picado fino
unha laranxa picada en trozos pequenos
zume de medio limón
sésamo tostado e machacado no morteiro
un pouco de aceite de oliva

mezclar todo e saborear despacio, coa vista, co gusto, co olfato e co tacto... e si, tamén co oido

8 abr 2011

Lirio de auga



Lirio de auga, corno, cartucho, cala, xaro, herba das anadas...

Libertade de expresión

"A primeira noite
eles acércanse e collen unha flor
do noso xardín,
e non dicimos nada.
A segunda noite
xa non se esconden,
pisan as flores,
matan o noso can
e non dicimos nada.
Ata que un día
o máis fráxil deles
entra só na nosa casa,
róubanos a lúa,
e coñecendo o noso medo,
arráncanos a voz da gorxa.
E porque non dixemos nada
xa non podemos dicir nada."

Vladimir Maiakovski.
Poeta ruso 1893-1930