25 abr 2010

O poder da intención

Non sei por qué costa tanto facer as cousas que sabes que tes que facer. Ás veces non sabemos qué pasos dar, pero hai momentos e situacións que sí sabes o que precisan, qué tes que facer para que as cousas estén ben e ti estés ben, pero non eres capaz... é como que o teu pensamento vai nunha dirección, a túa intención, pero logo os teus sentimentos ou o teu corpo non te corresponden.
Fai tempo pensaba que o quid era saber o que había, as causas dos problemas, identificar as ataduras e os conflictos e os motivos delas, e que unha vez identificados, coñecer as súas causas e saber a solución, todo se poñía no seu sitio e era un tema zanxado. Agora sei perfectamente que non é así. Coñecer o conflicto e a súa causa é o primeiro dos peldaños que se consiguen subir, non sin esforzo, pero quedan moitos máis despois. Sabes o que hai, sabes por qué o hai, o razonas, o entendes, pero non é suficiente. Tes que cambiar realmente en ti, tes que vivir de novo esa situación, liberarte do que che implicou emocionalmente, tes que sentir ese cambio, integralo... e iso é o máis difícil. Porque chega un momento en que quizais deixa de facerche dano, en que pensas que xa está, que xa superaches esa dificultade e que os teus sentimentos e o teu corpo xa acompañan ao pensamento. E cando te parece que xa o tes, que está conseguido, que o tes superado, podes descubrir de novo que non é así, e que volve aparecer por onde menos o esperas, que un "síntoma" novo que xurde ten o mesmo problema de fondo, ese que pensabas superado...
Todo son pasos, ninguén dixo que fose fácil. Pero ás veces é desesperante. Realmente cambiar unha mirada interna, un movemento profundo pode ser moi costoso.
Pero xa digo que todo son pasos, aínda que poda parecer nun momento dado que non avanzaches nada sí avanzas, aínda que sexa pouco a pouco. Dende o momento en que identificas o problema e coñeces a causa xa non é igual, e dende que das un paso para solucionalo tampouco. A intención o é todo, e si realmente queres que algo se solucione, e pos a túa intención a elo, solucionarase.

No hay comentarios:

Publicar un comentario