2 jul. 2010

Un bo día

Hoxe foi un bo día, un día que valeu a pena. Todos os días valen a pena realmente e debemos sentilo así. Os bos, por bos, porque nos dan alegría, felicidade, porque fan que nos sintamos satisfeitos e a gusto, nos reconcilian co día a día, coa vida... Os malos, porque nos ensinan, porque nos fan máis fortes, nos dan a oportunidade de crecer, de superar dificultades, e nos permiten valorar e disfrutar os días bos, nos dan ese contraste necesario. E hoxe foi un bo día.

No hay comentarios:

Publicar un comentario