28 sept 2011

......
no quiero palabras, ni música,
ni rimas, no quiero costumbres
ni discursos, ni aún los mejores,
sólo quiero la calma, el arruyo de tu
velada voz.

Walt Whitman

11 sept 2011

Inmensidade


Debe ser impresionante estar no medio do mar nun día calmo, despexado, e que mires para onde mires só vexas azul e o horizonte que se perde no infinito en todas direccións.

25 ago 2011

Milenrama


































Realmente non sei se esta é a flor da milenrama, pero sempre lle chamei así. Nunca reparara moito nela ata o outro día, tanta que hai por todas partes, e non me decatara do bonita que é.

Estamos rodeados de beleza, vivimos nun mundo realmente fermoso.

29 jul 2011

Desenfocada

Encántame esta foto, imperfecta como é, totalmente desenfocada. Pero así é como vemos a vida moitas persoas, desenfocada, borrosa máis alá de nós, ou incluso en nós mesmos, sobre todo os que somos miopes, que vemos borroso e pouco claro o que temos algo alonxado de nós. Qué é o que non queremos ver? Por qué reducimos o mundo que podemos ver claramente e no que nos sentimos seguros ao perímetro que formamos nós mesmos?

Desenfocamos e facemos borroso o que non queremos ver, dunha maneira insconsciente, e xa dende pequenos. Fascíname a capacidade que temos dende sempre, dende que comezamos a percibir sensacións xa no útero da nosa nai, para adaptarnos e protexernos frente á realidade que temos cada un, amoldándonos física e emocionalmente e, incluso, cambiando tamén esa realidade para adaptala ao que podemos enfrentar. Fascíname e ao mesmo tempo prodúceme tristeza, porque ao final medramos non sendo, non sentindo, amordazados e anestesiados emocionalmente, e mostrando aos demáis o queremos que vexan, e todo iso sen ser conscientes delo. Non hai máis que darse un paseo pola rúa para ver á xente enfadada, amargada, esperando a que pase o día, a que pase a semana, a que pase o ano... facendo tempo, como digo eu. Xente sen motivación, sen alegría, que non vive, senon que sobrevive. Nacemos con un legado de desconexión de nós mesmos e do que nos rodea impresionante.

Pero por algo estamos aquí, para conseguir enfocar un pouco máis, aumentar a nosa conciencia e conseguir conectarnos con nós mesmos, coa nosa esencia, conectarnos coa alegría, coa libertade, coa relaxación de deixarnos ser, e sentir, sobre todo sentir e disfrutar.

Sei que algún día gardarei as gafas nalgún caixón e quedarán alí ata que me decida a tiralas.

14 jun 2011

En voz alta



"Enseñad a leer, por favor, enseñad a leer en los libros, en el viento, en los charcos de un día de lluvia, en el bosque y en la luz, enseñad a leer, os lo ruego, para que nadie crezca hasta la edad de la avaricia y el desamor"

Juan Farias (1935-2011)
En voz alta.

2 jun 2011

Cabo de Gata


Un sitio especial, con unha atmósfera máxica. Encantoume.
A próxima vez, máis tempo.