7 abr 2010

Confiar

Hai veces en que sabes que algo concreto cara o que estás enfocado vai pasar, ou non vai pasar, depende... Hai veces en que de repente, sen saber por qué, decides coller un camiño determinado pensando en quizais atopar a unha persoa que sabes que algunha vez pasa por alí, e a atopas, sendo ao mellor alguén que fai tempo que non ves, pero xusto ese día o atopas.Outras veces dubidas entre dúas datas para facer algo e elixes unha porque obxectivamente é quizais a mellor, pero no fondo algo che di que ese día é peor, que non vai poder ser, aínda que, ao non ter un motivo concreto para rexeitar a opción, sigues para adiante con ela, e ao final algo pasa que fai que non poda ser... pero ti xa o sabías.
Sincronicidade. Gústame, faime sentir que formo parte de algo grande, moi grande... e reafírmame en que nos debemos fiar de nós, do noso instinto, do que nos chega, aínda que a nosa cabeza non sexa capaz de poñerlle un motivo racional.
Cando nos deixamos sentir de verdade, escoitamos dentro de nós, en silencio, atentos e abertos, atopamos as respostas, sabemos o que debemos facer. Pero hai sempre tanto ruido en todas partes, dentro e fora de nós, e andamos tan a correr e coa cabeza tan posta en todo, que non deixamos espacio para a escoita, para estar con nós mesmos en silencio, escoitando o que nos temos que dicir ou o que nos ten que dicir o mundo, a terra, o universo que nos rodea.
É todo moi sinxelo, só temos que parar, abrirnos, estar atentos, escoitar e confiar...

1 comentario:

  1. Gustame o que escribiches, me sinto moi identificada con esta forma que tes de falar da confianza en un mesmo.Cando de verdade se consigue, danse "casualidades maxicas", eu quedo alucinada cando me deixo fluir e consigo "escoitar". Bicos. Ana constelacions

    ResponderEliminar