14 mar. 2010

Acabo de recibir un correo electrónico dunha amiga que me di que está a súa avoa ingresada e que lle quedan poucas horas de vida. A miña amiga está moi triste, lóxicamente. Como di ela, é un momento emotivo e triste, como todas as despedidas, sobre todo cando se quixo tanto como ela á súa avoa.
Considero que a súa avoa ten moita sorte. Morrer rodeada dos teus, da túa xente, paréceme un privilexio, tendo en conta que é algo polo que todos temos que pasar. Qué máis se pode pedir que deixar esta vida sentindo o cariño e o amor da túa xente? Pasar pola vida e deixar esa pegada de amor nos que a compartiron contigo, que estén ao teu lado acompañándote nese momento de marchar deste mundo paréceme moi bonito, un regalo, o broche final para unha vida. Igual que me parece bonito poder acompañar a un ser querido no momento da súa morte, poder despedirnos desa persoa á que queremos, aínda que sexa sen palabras, estar aí nese instante tan importante, e estar coa conciencia plena do que está sucedendo, vivíndoo dunha forma non traumática, senon con amor, por máis doloroso que poda ser, paréceme unha sorte.
Fai dous anos morreu o pai doutra amiga, dicíame ela que morreu na casa, na súa habitación, e que estaban todos os fillos con el, e que no momento de morrer, cando se deron conta que estaba morrendo, empezaron a despedirse del, e a dicirlle que lle querían moito... qué máis se pode pedir á hora da morte que ter iso?

No hay comentarios:

Publicar un comentario