17 mar. 2010

O RESPETO

Respetar significa, en primeiro lugar, recoñecer. Respetar a alguén quere dicir que recoñezo que está aí, que é como é e que é xusto que sexa como é. Iso implica que me respeto a min mesmo de igual modo: respeto que estou aí, que son como son e que é xusto o feito de ser como son.
Se me respeto a min mesmo, e respeto ao outro nese sentido, renuncio a formarme unha imaxe de como deberíamos ser, tanto eu como o outro. Sen esa imaxe previa non existe xuízo sobre o que sería mellor. Ningunha imaxe preconcebida se interpón entre min mesmo e a realidade, tal como esta se manifesta.
Desta maneira, facilítase un segundo elemento, que tamén forma parte do respeto: amo o real, en tanto é precisamente real. Isto significa sobre todo: ámome a min mesmo tal como son; amo ao outro tal como é; e amo a maneira en que somos diferentes.
Logo tamén é posible outro elemento, quizais o máis belo, que tamén forma parte do respeto: alégrome do real tal como se manifesta. Alégrome de min mesmo tal como son; alégrome do outro tal como é; e alégrome das diferencias que existen entre os dous.
Ese respeto garda as distancias. Non penetra no outro e tampouco permite que o outro penetre en min, que impoña algo ou que dispoña de min segundo a súa propia imaxe.
...

"Pensamentos no camiño". Bert Hellinger

No hay comentarios:

Publicar un comentario