27 mar. 2010

A vida é movemento




A vida é movemento, non para. Incluso cando pensamos que non nos movemos, continúa o movemento da vida. Tan pronto estamos arriba, felices e contentos, como baixamos e vivimos as tristezas e infortunios que tamén forman parte dela. É como un bambán... cando estás arriba sabes que non vas estar sempre aí, que non vai durar sempre ese estado, pero cando estás abaixo sabes tamén que chegarás de novo arriba.
A vida é movemento tamén porque non para, trae sorpresas, acontecimentos moitas veces inesperados, sentimentos e vivencias novas... Trae ás veces camiños que podes coller ou non, e outras veces trae bifurcacións no teu propio camiño, que fan que teñas que escoller cara onde tirar. E nunca sabes cando vas chegar a un novo cruce nin o que che espera un pouco máis adiante. Estás na túa cotidianidade e de repente sorpréndeche con algo inesperado, unhas veces alegre e outras triste.
A vida é movemento porque non estás sempre igual, porque cada día é distinto do anterior, incluso facendo as mesmas cousas e estando coa mesma xente, porque botando a vista atrás dámonos conta do camiño recorrido, das cousas vividas, da nosa evolución, das diferentes etapas das nosas vidas, como unhas foron dando paso a outras, como todas forman parte de nós pero como foron todas dándose paso ata chegar á actual, á que vivimos agora, que tamén irá dando paso á seguinte... e todas foron maravillosas, e todas e cada unha delas fixo posible que agora estemos onde estamos, neste lugar.
Debemos ser conscientes disto, e non pretender agarrarnos á inmovilidade, senon abrirnos á vida e ao que nos traia, fluir con ela, porque sexa o que sexa vai ser bo para nós, aínda que nos coste aprecialo nun primeiro momento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario